Principais atraccións turísticas da rexión de Trives

Monumental





Ribeira Sacra

A Pobra de Trives é un punto de partida ideal para visitar a Ribeira Sacra, algúns de cuxos principais atractivos turísticos atópanse a 15 minutos e outros a menos de media hora.

A Pobra de Trives está incluída dentro da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

A Ribeira Sacra, vertebrada polos ríos Sil e Miño, irmanda as terras galegas do sur de Lugo e norte de Ourense. Nela podemos gozar da espectacularidade do Canón do Sil, que se pode percorrer en catamarán (desde o embarcadoiro de Doade , a 25 minutos de Trives ou desde o embarcadoiro de Santo Estevo), en coche, tren turístico ou camiñando polos sendeiros que percorren toda a zona.

Varios miradoiros estratexicamente situados a ambos os dous lados do río convidan a deterse e contemplar a paisaxe: Balcóns de Madrid, Triguás, O Cabo do Mundo, Pena do Castelo, Miradoiro de Matacás, Miradoiro da Cividade, etc

Mosteiros, igrexas románicas, monumentos barrocos forman parte dos atractivos dos que podes gozar en toda a zona e comarcas limítrofes. Mosteiros de Santa Cristina, San Pedro de Rocas, Montederramo, Xunqueira de Espadañedo, Xunqueira de Ambía, San Paio de Abeleda. Santuarios das Ermidas e os Milagres, Castelos de Castro Caldelas, Maceda e O Bolo. Ruta do románico do Miño e do Sil. Igrexa románica de Sobrado de Trives. Igrexas, capelas e pazos barrocos. Museos.

Podes atopar información exhaustiva e descargar folletos en

Ribeira Sacra turismo.

Guía Sil-Bi-Na





A Pegada Dos Romanos En Trives e Valdeorras.

Descobre as pegadas deixadas polos romanos nestas terras, atravesadas pola Via Nova que unía Braga e Astorga, da cal se conservan actualmente en moi bo estado as pontes de O Bibei e A Cigarrosa. Así mesmo, como mostra da importancia aurífera da zona, consérvanse o tunel de Montefurado e As Medulas, de onde os romanos extraeron importantes cantidades de ouro. Montefurado a apenas 15 minutos de Trives e As Medulas a 50 minutos.

Na mesma ruta e a media hora de Trives merece a pena visitar o castelo do Bolo e o santurario de As Ermidas. , que deixa pegada non só pola súa impresionante arquitectura barroca se non polo enclave en que está situado, no val do río Bibei, caracterizado polo seu microclima mediterrano no medio de Galicia.





Monforte de Lemos

A menos dunha hora de distancia descobre o chamado Escorial de Galicia en Monforte de Lemos. Situada no centro xeográfico da Ribeira Sacra sorprenderache cos seus numerosos monumentos: Fortaleza Medieval, Torre da Homenaxe, Palacio Condal e Mosteiro de San Vicente do Pino; o seu burgo medieval e xudería, Nosa Señora da Antiga e o río Cabe desde a Ponte vella.


Turismo Urbano





Ourense Cidade

A tan só 50 minutos de Trives pola OU-536 estrada que atravesa zonas de gran interese paisaxístico, atópase Ourense, capital da provincia. A súa zona vella é acolledora e ben conservada, goza dos seus monumentos e do ambiente da súa zona de tapeo e reláxate logo nunha das numerosas termas ao longo do río Miño, pozas e termas da Chavasqueira, Muiño da Veiga, Outariz; todo un pracer mesmo nos días de orballo.


Turismo Enolóxico





A Pobra de Trives está situada no límite territorial da D.O. Ribeira Sacra a que pertencen as viñas de Trives e a D.O. Valdeorras. Os amantes do turismo e do viño poderán penetrar no corazón da Ribeira Sacra a través das rutas do viño denominadas Viñobús. Coñecerás aldeas perdidas no tempo, pequenas adegas cheas de encanto e adegas máis grandes coa última tecnoloxía, entre elas Regina Viarum, Castelo Algueira, Dominio do Bibei, A Mata, Ponte da Boga, Cooperativa Virxe das Viñas, entre outras moitas. Algunhas organizan actividades en torno ao viño e a súa elaboración.

Así mesmo poderás descubrir a comarca de Valdeorras, na que se enmarca a segunda denominación de orixe da zona: desde abundantes restos da época megalítica, no parque natural da Serra da Enciña da Lastra, a Vía Nova romana, utilizada posteriormente como Camiño de Inverno cara a Santiago, pontes como a do río Bibei e A Cigarrosa así como o santuario de As Ermidas, onde gañan indulxencias plenas aqueles peregrinos que non poden chegar a Santiago de Compostela.


Paisajístico y Ecológico



Serra Do Courel

A serra das aldeas de lousa, O Courel. O seu patrimonio arqueolóxico e paisaxístico convértena nun dos principais atractivos de Galicia. Percorre a serra e os seus tesouros a través dalgunha das súas rutas máis interesantes como a da Devesa da Rogueira, e a que leva ao cumio do Pía Páxaro, así como as aldeas de Froxán e A Seara.





Manzaneda Estación de Esquí Y Montaña.

A neve é un dos principais atractivos turísticos de Trives dada a proximidade da Estación de montaña de Manzaneda, a tan só 15 minutos da Casa Grande de Trives.

Ademais da práctica do esquí no inverno, a estación está acondicionada para gozar todo o ano grazas ás instalacións que permiten o desenvolvemento de numerosas actividades como BTT nun dos mellores Bike Park de España, tirolina no parque multiaventura, tiro con arco, paintball, rutas en quad, sendeirismo, etc e logo relaxarse na piscina climatizada SPA.





Senderismo

A zona de Trives e a Ribeira Sacra, así como todo o interior de Galicia contan con marabillosas paisaxes ideais para a práctica do sendeirismo e outras actividades de montaña.

O Macizo Central Ourensán conserva bosques con vexetación autóctona como os do val do río Navea con rutas como as da Fraga en Mouruás ou a dos sequeiros en Pena Folenche, o Bidueiral de Gabín en Montederramo, o souto de Rozavales cos centenarios castiñeiros de Pumbariños, os montes do Parque Natural do Invernadeiro que ata 1951 pertenceron aos propietarios da Casa Grande de Trives na época, Antonino González Vázquez e Adelaida González Prada.

O Macizo Central Ourensán únese coa Ribeira Sacra na súa parte ourensá onde hai rutas acondicionadas para percorrer a pé ou en bicicleta de montaña. Entre outras destacan a pasarela do río Mao, ruta do Canón do Sil, camiño real de San Pedro de Rocas,

Na parte norte da Ribeira Sacra, na provincia de Lugo podemos percorrer sendeiros como o de Doade a Augas Mestas, Ruta do Ouro e do ferro, A Lagoa de Lucenza, etc. A Ribeira Sacra lucense forma un todo coas espectaculares paisaxes da Serra do Courel, a aproximadamente unha hora de Trives.

Guía en pdf de sendeiros na Ribeira Sacra

Guía de sendeiross nas terras do Sil, Navea e Bibei


Deportes e Actividades Ligados Á Auga

Como en toda Galicia a auga é un elemento que nos define, modela a nosa paisaxe e permite realizar actividades ligadas a ela.

  • Pesca e deportes acuáticos nos ríos e encoros.
  • Relax no SPA de Manzaneda e nas termas de Ourense (Outariz, A Chavasqueira, Pozas do Muiño, etc).
  • Baño en praias fluviais por toda a provincia ou percorrer o Canón do Sil en catamarán desde o embarcadoiro de Doade.
  • A 4 km de Trives está o encoro de Guístolas, no medio do bosque do río Navea. A 8 km a praia fluvial do Caneiro no val do Bibei, cuxo microclima permite o baño na primavera. Un pouco máis lonxe os encoros de Chandrexa de Queixa, de Prada, coa súa Praia dos franceses, o pequeno e máxico encoro de Edrada e o río Sil cos seus canóns espectaculares.
  • Ademais das praias fluviais pódese practicar o baño nas piscinas públicas de Trives, Manzaneda e Castro Caldelas ou na piscina climatizada e SPA da Estación de Montaña de Manzaneda.